Quen Somos

ACODE formouse no ano 2006, por mozos e mozas con moitas ganas de traballar e con formación en ámbitos relacionados co desenvolvemento social. Contamos con psicopedagogas, mestres, psicólogos, educadores sociais, expertos en trastornos do aprendizaxe, monitores de tempo libre e expertos en coaching educativo e PNL, que coa súa labor diaria fan que as nosas actividades sexan todo un éxito.
Entre os nosos obxectivos prioritarios está o de promover a creación de recursos que melloren a situación dos colectivos desfavorecidos (infancia, muller, terceira idade, persoas con discapacidade,...) coa finalidade de potenciar habilidades que sirvan de impulso para a súa incorporación á vida social, económica e cultural, así como promover actividades de carácter formativo, informativo, de prevención, sensibilización e intervención tendo como principais destinatarios os colectivos anteriormente citados.

En definitiva, tódalas accións de sensibilización do tecido social, económico e cultural vencellados a problemáticas, recursos, accións e proxectos que contribúan aos seus intereses de desenvolvemento.