Programas de orientación e asesoramento laboral

Dende ACODE levamos dende o ano 2007, desenvolvendo diferentes Programas de Orientación e Asesoramento Laboral. Así levamos xa postos en marcha dous Programas Experimentais en Materia de Emprego, con ata 15 accións formativas diferentes e mais de 100 persoas formadas.
Continuamos de maneira ininterrompida co noso servizo de Axente de Emprego, o cal ofrece asesoramento de xeito gratuíto en todo o relacionado co mundo do emprego.
Actualmente temos en marcha un novo programa de orientación e inserción laboral, o Programa Aurora, o cal desenvolvemos a través dun convenio co Concello de Silleda e o Ministerio de Igualdade (Instituto da Muller), para un total de 25 mulleres rurais as cales se lles está dando diferente formacións que favoreza a súa inserción laboral.

Programa Aurora

Podemos destacar os cursos de Informática, cursos de Motivación e Autoestima, cursos de Técnicas de busca de Emprego, Cursos para Emprendedores, cursos de axuda a domicilio, cursos de monitores de actividades extraescolares,…