novas

ELFOS E CALCETÍNS

ACODE xa pertence ao marabilloso mundo dos Elfos. Con esta gran iniciativa colaboraremos para que todos os nosos calcetíns (nenos e nenas de familias sen recursos, de centros de acollida, centros de menores, ... ) reciban un regalo o día de Reis. Para iso contamos cos Elfos persoas solidarias que nuns días recibirán a carta do seu calcetín para que lle poidan mercar un regalo desa carta. Logo farémoslla chegar a todos eles e elas. Manteñamos a ilusión viva de todos os cativos e cativas. 

CURSOS AFD FAMILIA SERVIZOS SOCIOCULTURAIS E A COMUNIDADE

Dende ACODE ofrecemos formación a desempregrados para obter os certificados de profesionalidade. Somos unha entidade formativa para o emprego acreditada pola Consellería de Traballo e Benestar. Consulta os nosos cursos e obtén o teu certificado de profesionalidade.

Páxinas