Certificación internacional en coaching educativo
O Coaching Educativo é unha disciplina que potencia as competencias individuais dos educandos, incrementa a súa aprendizaxe e lles posibilita a resolución das dificultades e dos conflitos, o que produce un cambio de motivación e de actitudes positivas. A esencia do coaching educativo é a capacidade de saber liberar o potencial do alumno para incrementar ó máximo o seu rendemento axudándolle a aprender en lugar de só ensinarlle.
Para qué o Coaching Educativo:
- Para xerar un novo contexto que permita alcanzar situacións de éxito a corto, medio e largo prazo
- Para motivar e impulsar o compromiso de todos os participantes conseguindo así o éxito escolar e académico
- Para aplicar novos modelos de traballo que facilite lograr mellores resultados
- Para promover unha cultura que potencie nas aulas os valores relacionados coa aceptación da diversidade, a xustiza, a integridade, a solidariedade, o compromiso, a responsabilidade...
A través do Coaching como proceso, a Mediación como resolución de conflitos e o Liderazgo educativo para a adquisición dunha perspectiva orientada ó éxito e a creación de posibilidades, a PNL e a Intelixencia Emocional, traballamos con:
- Alumnos: ensinándolles dende o inicio da etapa escolar as particularidades de cada rango de idade e a escoita activa, e intensificándollo en Secundaria, para aprender o aprendido e desenvolver as habilidades necesarias para alcanzar as súas metas
- Docentes: formándoos como Coach Educativo para transmitir coñecementos e valores de forma que os alumnos aprendan e desenvolvan cualidades e habilidades baseadas na empatía, a responsabilidade e o respecto mutuo
- Familias: quen velan polo desenvolvemento social e educacional dos seus fillos capacitando a pais, nais e avós para que axuden os seus fillos dende a súa misión de educadores, aportándolles un reforzo de compromiso, disciplina, comprensión e axuda para unha mellor convivencia social. Para que se desenvolvan como persoas, adquiran novas habilidades e competencias que lles permitan responder a preguntas como: ¿qué quero ser de maior?, ¿en qué podo aportar o meu máximo talento?, ¿ónde estou e cara a ónde quero ir?...En definitiva traballar cos nosos nenos e alumnos para que sexan persoas de éxito e realmente felices
PROGRAMA FORMATIVO
- MODULO I: INTRODUCCION Ó COACHING – FUNDAMENTOS
- MODULO II: O COACHING NA PRÁCTICA PROFESIONAL
- MODULO III: FERRAMENTAS INTERNAS E EXTERNAS DO COACHING
- MODULO IV: INTELIXENCIA EMOCIONAL
- MODULO V: IMPLANTACION DA INTELIXENCIA EMOCIONAL EN ENTORNOS ESCOLARES
- MODULO VI: COACHING DE EQUIPOS PARA EDUCADORES
- MODULO VII: ACTIVACIÓN DE PROCESOS DE ACTITUD
- MODULO VIII: LINGUAXE CORPORAL E PNL EDUCATIVA
- MODULO IX: DEFINICION E PROCESO DE COACHING EDUCATIVO. SER COACH EDUCATIVO
- MODULO X: FERRAMIENTAS ESPECÍFICAS DE COACHING EDUCACIONAL
- MODULO XI: AS DISTINTAS ETAPAS EVOLUTIVAS, OS MODELOS MENTAIS, AS INTELIXENCIAS MULTIPLES E A XESTION DO TALENTO
- MODULO XII: EXAMEN ORAL E ESCRITO
- MODULO XIII: PRESENTACION DE TESIS
- MODULO XIV: APOIO Á FORMACION I
- MODULO XV: APOIO Á FORMACION II